Jorge Emilio Bóveda Álvarez, nado en Ourense o 9 de xuño de 1975, é un escritor galego que tivo as súas primeiras incursións visibles na narrativa foron nos certames de Relatos de Verán de La Voz de Galicia, resultando finalista no ano 2000 co relato titulado “Un cambio en su vida”. Comezou a publicar profesionalmente no 2010 grazas ao editor David González Couso.
Escribiu a primeira obra en galego sobre a historia do cinema de terror (A xanela escura. Urco 2011) e un ensaio sobre a ficción científica literaria cun capítulo adicado ao tratamento dese xénero na literatura galega (A xanela insólita. Urco 2014). É artífice da autodenominada “Xeración Illada” con Eladio Medel e Francisco Javier Fontenla,cuxo manifesto foi lido na feira do libro de Ourense en 2019 durante a presentación dun libro de Bóveda. Tamén é un dos responsables da Revista Inviable de dita xeración.