Jon Amil: “O reintegracionismo tem de chegar a outros sectores da sociedade”

Jon Amil Mateos é médico e activista da lingua dentro do movemento reintegracionista. Nace en Vigo en 1988. Estuda medicina na Universidade de Compostela e, en 2013, crea o bloque ‘As MIR e unha noites’, no que narra as súas desventuras como Médico Interno Residente e co que comeza a ter sona nas redes sociais.

Jon Amil emigra a Euskadi onde traballa como médico de atención primaria. Iso si, non deixa o seu activismo. Fai parte do Conselho da Associaçom Galega da Língua, a AGAL. E xestiona o seu consultorio lingüístico: a conta de twitter @emgalego. Coa súa volta á Galiza, en 2023, asume a presidencia da AGAL.

Quedamos con Jon Amil na Casa da Língua Comum. Sentamos con el a reflexionar sobre os camiños, proxectos e horizontes a percorrer nos vindeiros anos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego