Ítaca
Í

Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de que ela está embarazada. Tras o impacto inicial, nai e fillo comparten ilusión e preparativos para recibir o novo membro da familia, ante a aparente indiferenza de Ulises, os prexuízos sociais e o estrito seguimento médico. En ‘Ítaca’, a súa primeira novela, finalista do Premio Xerais, María Besteiros emprega un estilo lírico pero contundente para enfrontarnos á desesperación dunha nai que vive por inercia e que se sente incapaz de actuar e decidir. Neste caso é ela, Penélope, quen emprende unha viaxe para atopar os fíos invisibles que tecen a súa propia identidade e transformar a súa vida cun único obxectivo: sobrevivir.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'