A Real Academia Galega de Belas Artes escolle Isaac Díaz Pardo como protagonista do Día das Artes 2025. Díaz Pardo, nado en 1920 en Compostela e finado na Coruña a comezos de 2012, foi un intelectual, artista e empresario que buscou preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia. A súa faceta máis coñecida foi a desenvolta no Grupo Sargadelos.
A escolla de Díaz Pardo xa foi parabenizada tanto pola alcaldesa de Santiago, a nacionalista Goretti Sanmartín, como polo Conselleiro de Cultura, o popular José López. Deste xeito, Isaac Díaz Pardo colle a remuda de Francisco Asorey.
Imaxe de Eduardo Montes