Isaac Alonso Estraviz vén de recibir a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense por toda unha traxectoria intelectual caracterizada polo seu compromiso coa defensa do galego e da cultura galega.
O galardón fora concedido no pleno da Deputación do 25 de outubro de 2019, pero non foi ata hoxe cando Estraviz recolleu a medalla, un recoñecemento que, dixo, lle enche ” de alegría” porque sente “un gran orgullo de nacer nesta terra” á que quere e ama “apaixonadamente”.
Hai apenas uns meses, o lexicógrafo colocábase diante das cámaras de Nós Televisión onde abordou a súa traxectoria vital e de traballo a prol da lingua galega.