Nacido en Vila Seca en 1935, o profesor Isaac Alonso Estaviz é o lexicógrafo máis importante que ten a nosa lingua. Licenciouse en Filosofía na Universidade de Comillas e en Filosofía e Letras e Filoloxía Románica na Complutense de Madrid; diplomouse en cultura e lingua portuguesas na Universidade de Lisboa, e doutorouse en Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela.
A de Isaac Alonso Estraviz é unha vida comprometida por enteiro coa defensa e o estudo do galego, desde que sendo moi novo sofreu a represión por ser galegofalante. Monxe en Oseira na súa mocidade –de onde será desterrado por rebelde–, percorreu distintos países e cidades antes de poder volver a se instalar na Galiza.
Por todo este traballo, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) o coloca como o autor destacado deste mes de marzo. Sobre a súa vida, a súa obra e o seu labor a prol de Galiza falabamos con el na Casa Fundación Vicente Risco.