A plataforma Netflix estrea este xoves ‘Irmáns Robots Superxigantes‘, unha serie de animación que contará cunha versión na nosa lingua. Esta serie de orixe estadounidense, creada por Víctor Maldonado e Alfredo Torres, contará cunha tempada de dez episodios.
?? Chegou o día da estrea! Xa podedes gozar desta serie de animación en galego en #Netflix. https://t.co/wIFIuSosSo
— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) August 4, 2022
Ao mesmo tempo, Netflix tamén anunciou a estrea da película das Tartarugas Ninja mañá, 5 de agosto. Este filme súmase a ‘O monstro mariño‘, a primeira película de animación producida por Netflix integramente en galego estreada o pasado 8 de xullo.
Desde comezo de 2022 e até o remate de ano, Netflix incorporará unha selección de contidos que inclúe perto de 70 títulos en galego, catalán e euskera.