Iria Pinheiro é actriz, presentadora, guionista, cabareteira… Unha artista nada no Ourense de 1978. Pinheiro ten unha carreira profesional que engloba o cine, a televisión e, nos últimos anos, o teatro documental. En 2018, coa obra Anatomía dunha serea gañou o Premio María Casares.
A súa última peza teatral chámase Vitória e nela aborda o proceso xudicial que atravesou logo de ter denunciado por un delito de acoso sexual ao director do programa de televisión para o que traballaba. O dela foi o primeiro caso deste tipo en Galicia, dos primeiros tamén en España. Sentamos con Iria Pinheiro no salón do Hotel Compostela para falar sobre as agresións machistas, as “vítimas perfectas” e os procesos de denuncia; reflexionamos sobre a profesión e sobre o que aínda queda por facer.