Inés Rey, alcaldesa da Coruña, sobre a Casa Cornide: “Esa actitude desafiante da familia Franco é intolerable”

“Esa actitude desafiante da familia Franco é intolerable”, sostén a alcaldesa da Coruña cando lle preguntamos polo procedemento aberto para a recuperación da Casa Cornide ao patrimonio público.  Inés Rey, que leva no cargo de rexedora da cidade da Coruña desde o 15 de xuño de 2019, salienta que deseña as súas políticas coa ollada “ad futurum” como é o caso do Plan Estratéxico da Coruña 2030-2050.

Precisamente nese camiño de futuro sitúa ás políticas culturais que abrengue desde a cultura científica á do entremento. Neste sentido, tamén se sitúa a cita do Mundial 2030 sobre a que a alcaldesa coloca como “un proxecto de país que nos vai situar no mapa e que ten unha repercusión que vai máis alá do deportivo”. Este mércores 11 de decembro producirase a confirmación da cidade da Coruña para acoller o Mundial 2030.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego