‘Individuas de dudosa moral’, a represión franquista contra as mulleres

As mulleres foron as principais vítimas da represión sexista franquista. Unhas prácticas moi estendidas en toda Galicia e no Estado español en xeral, invisibilizadas e que continúan impunes. Poñer o foco sobre elas e dar a coñecer a historia é fundamental para poder avanzar no presente e no futuro. A iso contribúen as xornadas Individuas de dudosa moral organizadas polo Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, que reuniron a diferentes estudosas na materia e puxeron luz a un tema do que pouco se ten investigado e no que é necesario seguir afondando.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego