Illa de Sangue
I

Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que renegaron do pai e casaron, mais non foron quen de rachar as cadeas que as unían a el. Coa voz de Lucrecia que renunciou ao seu pelo cor lume por un marido que a abandonou á hora da cea. Mulleres todas elas, Helena, Coral, Lucía, María e Lucrecia, unidas para sempre pola fatalidade dunha illa, unha illa da que non podes saír sendo a mesma.

Illa de Sangue é a novela coa que Carmen V. Valiña gañou o Premio de Narrativa Breve Repsol e que publica Galaxia.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'