‘Idol’, de Alba Chan e Ene, Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético

Alba Chan e Ene son as gañadoras do V Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. Edicións Xerais publicará a obra premiada, Idol, a próxima primavera na súa colección Merlín Cómic.

Idol aborda a historia de dúas rapazas que tentan triunfar nun concurso de talentos musicais. O xurado destacou da obra a enorme capacidade de conexión para “empatizar co lectorado adolescente e visibilizar os seus gustos, problemas e ansiedades”. Miguel Porto, Fernando Llor e Kiko da Silva, en representación do Garaxe Hermético, e Anaír Rodríguez e Fran Alonso, de Xerais como membros do xurado destacaron “o tratamento da cor e a relación que se establece entre música e ilustración”. Do mesmo xeito salientaron a composición das viñetas nas que “a composición dá lugar a imaxes moi gráficas das actuacións musicais das protagonistas”.

As dúas gañadoras son alumnas de 3º Curso Profesional de BD na escola O Garaxe Hermético.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego