Entre os libros que xurdiron nos últimos anos que pretenden desmontar ideas preconcebidas sobre o galego destaca ’55 mentiras sobre a lingua galega (Análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma)’, coordinado por Xosé-Henrique Costas en 2009. Este libro fornece informaçión interesante a todas as persoas interesadas no noso futuro lingüístico. Porén, no combate a algunhas ideas preconcebidas, os redatores da obra acaban por alimentar outro, como veremos neste Galego de Todo o Mundo.