Moneixas (Lalín) acolle o sábado 2 de xullo a ‘Foliada da Memoria’, unha cita organizada pola Deputación de Pontevedra, a través do programa ‘O Pasado Por Vir’ do departamento de Memoria Histórica, para render homenaxe á música represaliada, a artistas de toda Galicia que padeceron a represión franquista.
Durante todo o día levarase a cabo unha completa programación, que inclúe alborada, lectura de manifesto-homenaxe ás vítimas, comida e serán popular, mostra de instrumentos e traxes tradicionais, actividades para as crianzas, taller de baile e canto, etc. O programa completo con todos os horarios pódese consultar entrando AQUÍ.
Leandro del Río, neto de Manuel del Río Mandayo, gaiteiro de Ordes asasinado, e de Pilar Navieira Golán, rapada, será unha das persoas que intervirán. Falamos con el en Nós Televisión, e tamén coa deputada de Memoria Histórica, María Ortega, da Deputación de Pontevedra, para que explicaran todos os detalles desta cita que será conducida por Xurxo Souto.
Peza audiovisual realizada grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.