O autor Henrique Rabuñal presentará esta tarde, ás 19.30 horas, do martes, 28 de febreiro, a súa obra ‘Murguía. Un século despois‘ na libraría Couceiro en Compostela. Ademais do autor, na presentación participarán o historiador Uxío Breogán Diéguez e, pola editorial Laiovento, Prudencio Viveiro Mogo.