Henrique Monteagudo: “Precisamos un laboratorio de ideas e experimentos sobre a promoción do galego”

O novo presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, senta ante as cámaras de Nós Televisión para explicar os pasos a dar cara ao proceso de modernización que quere impulsar dentro da Academia. Monteagudo pronúnciase tamén sobre o financiamento da Academia, a falta de máis investigación-acción arredor da promoción do galego, ademais de abordar o proceso de actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL).

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego