Henrique Dacosta, autor destacado pola AELG neste mes de xaneiro

Nado en Ferrol en 1964, Henrique Dacosta é profesor de Lingua Galega e Literatura, ademais de escritor con novelas como ‘Illas a sotavento’, ‘A ota do Oeste’, ou ‘O día que ao Carlos lle fora mal’. O autor conta con obra ensaística (‘Carvalho Calero, vida e obra dun ser policafético’), relatos e en obras colectivas (‘En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova’). Dacosta conta con diversos galardóns como o Premio Carvalho Calero, obtido ata en tres ocasións, e o Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta. A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) colócao como autor destacado neste primeiro mes do 2024.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego