Este luns 19 de setembro arrancá o “Regnum totius Gallaeciae. O Reino medieval de Galicia“, o primeiro congreso dedicado a unha das épocas de máis esplendor de Galicia, e que nace con carácter internacional.
“Hai moitas esperanzas postas neste Congreso”, sostivo o historiador e organizador do evento Anselmo López na rolda de presentación do evento que tivo lugar este venres no Museo do Pobo Galego, “o traballo vai ser enorme de aquí en diante e xa o foi de aquí para atrás”. López chama a modestia e agarda que nas xornadas se aprecie á Galiza medieval, se cumpran as espectativas dun público “tan amplo” e quede clara a existencia e a importancia do Reino de Galiza.
Este Congreso Internacional, que transcurrirá do 19 ao 22 de setembro no Museo do Pobo Galego, conta con 18 relatoras e relatores, será retransmitido ao vivo na súa web e permitirá o debate telemático. “É un Congreso pioneiro”, sostén o responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, “vai ser histórico e, ademais, conta con xente vida de diferentes puntos do mundo”. O deputado tamén lembra que “o congreso nace como unha iniciativa absolutamente necesaria de cara a normalizar o dereito a coñecer a nosa propia historia”.
A data para o inicio do Congreso non é casual. O 17 de setembro cúmprense 911 anos da coroación de Alfonso Reimóndez, Alfonso VII, tratándose da descrición máis completa dun rei de Galicia.
Retransmisión ao vivo
A retransmisión ao vivo será feita desde a páxina www.reinomedievaldegalicia.gal, que nos días do Congreso centrará nunha pantalla única as diferentes relatorías, as proxeccións e a interpretación para as persoas xordas. Ademais, tamén se poderá participar de forma activa nos debates programados ao fin de cada sesión, achegando á sala compostelá
calquera comentario ou dúbida sobre as palestras que estean a decorrer.