A escritora e xornalista María Solar gaña o Premio Xerais á Mellor Novela 2022 con ‘A culpa’. Nesta obra unha historia habita dentro de outra. A narración envolve a varias mulleres. E no fío das páxinas: un misterio, unha investigación e a culpa. Ou as culpas que marcan un ritmo incesante que nos acompaña ata a última páxina. Falamos coa autora sobre esta obra.