Hadriana Ordóñez abordará na Semente de Compostela a sesión deste venres sobre sexualidade e crianzas

A psicóloga clínica e docente especializada en educación e terapia sexual, Hadriana Ordóñez, abordará este venres 30 en Compostela un obradoiro baixo o título ‘A sexualidade na gente miúda‘, encadrada nun programa de formación da Escola de Ensino en Galego Semente da cidade picheleira. Ordóñez, que leva a cabo o proxecto www.demeu.gal, realizará unha análise crítica e construtiva da educación sexual e amosará as ferramentas precisas para axudar a criar nunha sexualidade feliz e con seguridade. A matrícula do obradoiro ten un custo de 30 euros.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego