A equipa de GZMúsica entrevista neste novo programa a Ugía Pedreira, que presentou o seu novo disco, Segmento Cantábrico, no Aturuxo de Bueu. A cantante asegura sentirse como unha nena vella con este novo traballo. Tamén conversamos con Pauliña no Festival Millo Verde, que aproveitou para reivindicar máis oportunidades para que os grupos novos galegos que están empezando teñan maior oco nos festivais do país. E traemos o novo videoclip de MJ Pérez. Nos movémonos con GZMúsica!