Estivemos no Festival Revenidas en Vilaxoán. Ademais de velos actuar, puidemos entrevistar a tres proxectos que están a remexer o panorama musical galego: Verto, co seu pop de ritmos funk, Laura Lamontagne & Pico Amperio, coa súa mistura de literatura, hip-hop e autotune e a electrónica rural vocal de MounQup. Nós movémonos con GZMúsica!