GZ Música [23] – Keltoi! e Udra

O ska da banda viguesa Keltoi! e o funk e o jazz dos Udra protagonizan este novo GZ Música. “É un xeito de dicir que seguimos aquí, seguimos vivos malia todos os atrancos da vida”. Así fala Sime de Keltoi dos últimos temas que lanzou a banda ‘A por eles’ e ‘Xuízos de barra’. Álvaro, Maritxinha e Diego forman UDRA que inicia a súa andaina na escena galega en 2020. Dende o funk ao jazz, UDRA chega forte aos escenarios galegos! Nós movémonos con GZmúsica!

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego