Dúas bandas punk visitan por primeira vez o GZ Música. O grupo santiagués Tecor Societario mistura a tralla eléctrica das guitarras e a forza da batería coa tradición folk da gaita e o acordeon. Pola súa banda, o cuarteto de Pontedeume Bule trae as sonoridades históricas do punk, desde o mítico ano de 1977 até os días de hoxe. E agarda até o final para veres o videoclip de ‘Tribo’, o adianto do proximo traballo da Banda da Loba, ‘Xabón de Lagarta’. Nós movémonos con GZ Música!