O GZ Música comeza o ano 2022 cun programa moi variado e cargado de enerxía. En primeiro lugar, Patty Castro entrevista a Almudena Janeiro, toda unha referente da música infantil en galego. Porque musicar contos para crianzas en diferentes estilos musicais, é posíbel e triunfa.
O ritmo vibrante do funk de Enxeito estréase no GZ Música. E iso que este grupo de Bueu, leva xa uns anos subido aos escenarios. Lety GF estivo na presentación do seu novo disco, Superfunk.
E agardade até o final para verdes o último vídeoclip de Bule, Boas Vibracións. Este tema está incluído no LP que se sacou para o crowfunding do documentario Semente de berrar, unha historia da contracultura en Galiza.