GZ Música [20] – Os Vacalouras e Mileth

O novo GZ Música ven con ganas de troula. Volvemos entrar nunha sala de concertos, desta volta para asistirmos á presentación do último disco de Os Vacalouras, Xuventude Prexubilada. O punk-rock dos de Teis segue tan cañeiro como sempre. Da man de Patty Castro, descubrimos o metal-folk de Mileth, unha das bandas que máis o está a petar no panorama metaleiro galego. E, para rematar, deixámosvos co novo videoclip de Boyanka Kostova e Dios Ke Te Crew, Ázido Úriko. Nós movémonos con GZ Música!

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego