O novo GZ Música vén con moito rock & roll. Patty Castro, de Mulleres Galegas Kañeras, entrevista a Cuarta Xusta, rock feminista e comprometido coa nosa lingua. Tamén hai espazo para que as crianzas máis roqueiras salten sen parar co guitarreo para todos os públicos de A Gramola Gominola. Por último, visitamos Bueu para asistir á gravación do último videoclip de Dakidarría. Porque somos un pobo de artistas, nós movémonos con GZ Música!