Comeza ‘Guerrilla’, o festival que leva a Pontevedra a cultura máis comprometida coas loitas sociais

A reivindicación e a cultura encherán Pontevedra durante os días 1, 2, 3 e 4 de decembro. Esta segunda edición do Guerrilla chega con tres eixos temáticos principais das xornadas: a educación durante o franquismo, a censura musical na dictadura e a loita do pobo saharauí.

En cada unha das xornadas haberá un faladoiro para conversar e reflexionar sobre estes temas con persoas expertas e un espectáculo comprometido de peche.

Por esta segunda edición de Guerrilla pasarán espectáculos como “Encerrona” de Pepe Viyuela, “Grándola de mi querer” de Luís Pastor, ou a obra teatral “As Alumnas”. Ademais, o domingo haberá unha gala de peche a prol do pobo saharauí onde estarán artistas como Uxía Senlle, Yslem Hijo del Desierto, Dakidarría ou Isabel Risco.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego