Grande Amore e Guadi Galego, as artistas confirmadas no Festival do Queixo 2024

Grande Amore actuará o sábado 2 de marzo e Guadi Galego, o 3

Nuno Pico, Clara Redondo e mariagrep subirán ao escenario na primeira xornada da 49ª edición do Festival do Queixo que se celebará o sábado, 2 de marzo, en Arzúa cunha entrada que será de balde e até completar aforo.

Logo de sacar o seu segundo traballo, o album ‘II’, Grande Amore, premio Martín Códax 2022, atópase de xira polo país ao tempo que goza dunha boa acollida dentro da crítica musical. Leva nove semanas entre a lista da revista Mondo Sonoro, que o escolleu entre os dez mellores discos publicados en España, e quinto entre os álbums estatais máis recomendables do 2023 segundo Muzikalia.

A segunda artistas confirmada é Guadi Galego que actuará o 3 de marzo. A nada en Cedeira tamén subirá ao escenario para festexar a Festa do Queixo 2024.

Concurso Queixo Maquetón

A cita gastronómica e musical da Festa do Queixo ten aberto ata o 15 de xaneiro o prazo para inscribirse concurso Queixo Maquetón para grupos noveis, que vai pola 15.ª edición, e que determinará a formación que abra o evento. A organización ten previsto anunciar nas próximas semanas un avance dos artistas que formarán parte do festival do queixo, as noites do sábado e domingo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego