Gonzalo Castro: “Aspiro a que haxa unha Coruña máis galega e unha Galiza que mire máis para Coruña”

O terceiro tenente de alcalde da Coruña e concelleiro de Fomento e Promoción da cidade da Coruña, Gonzalo Castro Prado, recibe ao equipo de Nós Televisión. Castro dá este paso político logo de ter sido xefe de gabinete de Inés Rey e coordinador xeral municipal, “estouno vivindo con moita ilusión, consciente da responsabilidade e intentando aproveitar toda a experiencia previa“, sostén.

Preguntámoslle sobre os principais retos da súa área de goberno, na que atopamos materias de envergadura como a cultura ou a lingua. “A cultura define en gran medida cal é o perfil dun goberno e esa é unha gran responsabilidade”, afirma. Para concelleiro, o máis importante é “dotar de coherencia ás actuacións políticas”.

Falamos, entre outras cuestións, sobre os vindeiros pasos no desenvolvemento do Consello Municipal da Cutura ou as liñas a seguir con respecto ao impulso da lingua galega no concello da Coruña.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego