Galiza e Portugal volveron xuntarse na Gala aRi[t]mar que encheu o Teatro Principal de Santiago

Un ano máis, o certame aRi[t]mar xuntou á cultura galega portuguesa no Teatro Principal de Compostela a través da Gala na que tivo lugar a entrega de premios. Xisco Feixoo, Wilma Vieira e Lúa Mosquetera recolleron os seus galardóns por teren producido o mellor da música e a poesía na Galiza e Portugal durante o pasado 2021. Tamén foi entregado o premio á fadista Ana Moura que recolleu Vítor Belho, de Nordesía Producións.

O Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona foi para ‘Ponte… nas Ondas!’, que vén de ser incluído na listaxe de mellores prácticas da Unesco polo seu traballo a prol do patrimonio galego portugués.

aRi[t]mar Galiza e Portugal‘ é un proxecto didáctico-cultural promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago co apoio do Concello de Santiago de Compostela e da Deputación da Coruña.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego