Thayane Gaspar Jorge naceu no Rio de Janeiro en 1992. É xornalista e doutoranda en Ciencia da Literatura pola Universidade Federal do Rio de Janeiro (UFRJ) onde imparte aulas de Cultura, Lingua e Literatura Galegas na mesma universidade. Un traballo que compaxina coas aulas de galego na Escola Municipal Cívico-Militar Carioca.
O seu amor polo galego comezou con 14 anos ao descubrir o cancioneiro medieval galego portugués. Unha paixón que conservou ao longo do tempo e que a levou a inscribirse no programa ‘Galego sen fronteiras’ que impulsa a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega, a Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación da Coruña.
Facemos unha viaxe que vai desde Compostela, onde asistimos á apertura da XXIV edición do Galego sen fronteiras, ata o Brasil onde falamos con Thayane a través de videoconferencia.