Galego de todes?

Reflexións sobre linguaxe inclusiva e non binaria

Os movementos sociais veñen xerando novos debates e esixindo que as súas reivindicacións sexan escoitadas. Isto inclúe á linguaxe, construída nun sistema patriarcal que tende a ficar atrás do sentir das rúas.

Abrimos o debate da linguaxe inclusiva e non binaria no contexto galego. Precisamos normas propias, as que indiquen a RAE ou no Brasil, ou non precisamos normas? Pode a linguaxe mudar as normas sociais hexemónicas, mudar o mundo? Afondamos nestas e outras cuestións con:

– Gael Martins, do Colectivo Transfeminista Ninguém Sem Coidados.
– Susana Rodríguez Barcia, profesora contratada doutora en Lingua Española na UVigo.
– Henrique Monteagudo, coordinador do Seminario de Sociolingüística da RAG.
– Daniel Amarelo, activista, investigador e editor na Através Editora.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego