Galaxia convoca o Premio de Novela 75 anos

A editorial Galaxia recupera o Premio de Novela para celebrar os seus 75 anos de historia. Pasaron 50 anos da última convocatoria. Era o ano 1975 e a editorial cumpría os 25 anos de existencia. Naquela altura fora Carlos Casares e a súa obra Xoguetes para un tempo prohibido quen se fixera co galardón.

Poderán participar neste certame todos os escritores e escritoras maiores de idade que así o desexen. O prazo para a entrega de orixinais remata o 1 de decembro de 2024. A editorial establece un único premio indivisible de 25000 euros. O xurado estará presidido pola profesora e crítica Dolores Vilavedra. Podes consultar aquí as bases deste certame.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego