A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego cadrando co sesenta aniversario do primeiro Día das Letras Galegas e os cento dez anos do nacemento do autor.
Nado en Vilanova de Lourenzá no 1913, Francisco Fernández del Riego pertenceu á xeración que deu continuidade ao Grupo Nós e converteuse nun dos creadores da Editorial Galaxia a comezos dos anos 50. Ademais, participou do nacemento do primeiro Día das Letras Galegas polo centenario de Cantares Gallegos, unha proposta que chegou tan só 3 anos despois no seu ingreso como membro de número na RAG, no ano 1960.