“Hai xente que me di: ti es o da cociña da TVG!”, comenta Fran Cañotas ante Nós Televisión. Logo de gañar popularidade como presentador do programa ‘Come a comarca‘, Cañotas leva máis dun ano diante das cámaras en ‘A volta cos pratos‘ onde a comida galega colle o adobo no entretemento. Neste Rostros do País, falamos con Fran Cañotas da gastronomía galega, da súa experiencia na televisión e como pode influír nela a Intelixencia Artificial… Entramos na Escola Unitaria de San Pedro, en Compostela, para dar unha boa leria na que tamén abordamos os retos profesionais que lle encantaría levar a cabo.