Este filme documental rexistra a chegada da obra do fotógrafo galego Virxilio Viéitez (1930-2008), un dos máis grandes retratistas da historia da nosa fotografía, dende a Fundación Telefónica en Madrid ao Museo de Pontevedra e a súa posterior viaxe até a súa vila natal, Soutelo de Montes.
O documental observa a magnética obra de Viéitez a través da mirada da súa filla Keta e das alumnas e alumnos dunha escola de banda deseñada, que deciden crear un cómic inspirados polas fotografías de Virxilio.