A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega acordou o outorgamento a Fina Casalderrey da Homenaxe a Escritora na súa Terra en 2023, que recibirá en Pontevedra no mes de xuño. Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida da homenaxeada ten unha presenza fundamental.
ratarase dunha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación da árbore simbólica elixida pola propia autora e a colocación dun monólito conmemorativo.