O certema aRi[t]mar bateu nesta oitava edición a súa propia marca de participación con 6.792 votos rexistrados que lle deron a victoria a “II. Lisístrata (varre vasoira) como a Mellor Música do 2022 na Galiza. Este segundo corte do que é o primeiro traballo das viguesas María Pérez e Sara Faro, segundo a organización do certame, “dá boa conta de que a escena musical galega segue a innovar e triunfar sen necesidade de abandonar a tradición cultural, reformulando a mensaxe feminista a través dun espazo no que a Grecia Clásica convive co trap ou coa música electrónica”.
No caso de Portugal, o tema elixido como Mellor Música do 2022 en Portugal é ‘Maçãzinha’, da agrupación portuense Retimbrar, en colaboración coa mosense Uxía Senlle.