Fillas de Cassandra e De Ninghures enchen a Sala Inn coa festa do Día dos Medios en Galego

O festival de música polo Día dos Medios en Galego encheu a Sala Inn da Coruña demostrando que as bandas do país son presente e futuro. A banda De Ninghures abriu o seu catálogo bergantiñán e case caribeño. As artistas Fillas de Cassandra fixéronse co escenario en perfecta sintonía cos bergantiñáns cos que compartiron temas. María Soa e Sara Faro fixeron gala do seu espectáculo ‘Últimas Dionisíacas‘ e compartindo temas, que xa son himnos, como ‘Varre Vasoira’ ou ‘Lisístrata’.

Este evento, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Deputación da Coruña, enmárcarse no programa de actividades do #DíadosMediosengalego, que remata este sábado 24 co roteiro pola historia da #prensaengalego na mesma cidade herculina.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego