Chega a ponte festiva de agosto e desde Nós Televisión recomendamos para ver nestas datas o noso documental Bravú XXX. Se aínda non o viches, é o momento indicado para refrescarse nestes días con moita música, festa, bravú e lembranza daquel movemento que cumpriu xa trinta anos.
Non o dubides e sube ao coche con Xurxo Souto xa! El levaranos polos camiños da música galega das últimas décadas sen perder a vista tamén cara ao futuro.



