A festa da “galegofalancia” xa está na rede

Desde o pasado 1 de febreiro, a sétima edición do evento adicado á difusión de ideas en galego, o LGx15, está na rede. Presentado por Carlos Meixide, a gala deste ano inclúe as intervencións de distintas personalidades pertencentes a diversos ámbitos da vida cultural, empresarial e social de Galiza.

María Vázquez, Xosé Luis Reza, Alice Piccardi, Agos Reigosa, Ana Moreiras e Paco Cerdeira “Pakolas” son os protagonistas da última “gran festa da galegofalancia”, en palabras de Meixide.

A Coordenadora de Traballadores e Traballadoras para Normalización da Lingua (CTNL), é a organizadora deste popular evento que cada ano congrega ao máis dinámico da comunidade galegofalante.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego