Desde nena, Fátima Pego formou parte de coros infantís e participou en concursos musicais da Televisión de Galicia. Ese amor pola música hérdao de toda a súa familia, na que destaca a cantareira e pandeireteira Xosefa de Bastavales, que percorreu o mundo con Manu Chao.
Deste xeito, en 2005, Fátima Pego entra no mundo das orquestras. Primeiro en Suavecito, que logo se chamará Palladium e, despois, na París de Noia e na Panorama. Tras 20 anos neste sector, anunciou a súa marcha das orquestras. Agora ben, seguímola vendo no escenario e, sobre todo, na televisión onde traballa de reporteira en Hora galega da TVG. Falamos con ela sobre música, televisión, e da nosa lingua na Escola Unitaria de San Pedro, en Compostela.