A pandeireteira Xosefa de Bastavales consagrouse como un dos referentes fundamentais do movemento musical e cultural do Bravú que, nos anos 90, marcou un antes e un despois tanto na identidade sonora galega como na autoestima idiosincrática.
Xosefa chegou a actuar, xunto co músico Manu Chao, no Festival Internacional de Música en Francia e tamén, da súa man, subiu aos escenarios de Barcelona. Xosefa de Bastavales ten colaborado en programas de televisión e compartido escenario con figuras como Fuxan os ventos, Cristina Pato, Susana Seivane ou o grupo de música de folk irlandés, The Chietftains.
Hoxe, a cultura galega chora o seu pasamento que trascendeu nas últimas horas.