É unha novela sobre as relacións familiares e o amor, pero tamén sobre a aprendizaxe de vivir, a identidade, a liberdade e o pracer. A obra comeza cando o protagonista debe axudar a súa irmá nos coidados da nai, unha muller de carácter inestable coa que el rompeu toda relación hai máis de trinta anos,. A viaxe que emprende non é só á cidade da súa infancia e ao hospital, onde operaron a nai dunha rotura de fémur, senón tamén a un pasado que segue sen resolverse. Narrada como os alustros dun faro sobre a escuridade da noite, Extraordinario posúe unha eficacia narrativa asombrosa, con personaxes que se gravarán na nosa memoria en trazos indelebles, ademais de xogos conmovedores de ironía e humor. Quen entre neste libro non poderá saír ata absorber a última palabra.
#UniversoGalaxia
ExtraordinarioE
O autor é Antón Lopo
#UniversoGalaxia
Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.