O Circo de Artesáns conmemorou o seu 175 aniversario cun novo éxito. O Teatro Colón da Coruña encheu o seu aforo este martes, 5 de xullo, para acoller a proxección do documentario ‘O Circo de Artesáns. Ateneo de Galicia’, realizado por Nós Televisión para esta entidade.
Á proxección acudiron importantes persoeiros da cidade xunto organizacións sociais e políticas que celebraron os 175 anos dunha entidade fundamental para a cidade da Coruña e toda Galicia. Proximamente, o documentario será proxectado en Nós Televisión, no 119 de R.
#EstáAPasar. Se hai unha institución que resume os últimos 175 anos da historia da nosa cidade -e en boa parte da GZ- esa é o Circo de Artesáns @redesdearte e este serán no Colón estréase un documentario realizado x @NosTelevision q recolle a súa andaina. Asiste @jorqueracaselas pic.twitter.com/vXFkyNfypg
— BNG A Coruña (@BNGACorunha) July 5, 2022
O Circo de Artesáns (@redesdearte) é memoria e testemuño da Coruña ilustrada e republicana, a cidade que sempre soñou e loitou coa liberdade. Hoxe, desde o @TColonCoruna, celebramos o seu 175 aniversario coa estrea do documental de @NosTelevision. pic.twitter.com/3z32K6xopZ
— Marea Atlántica (@mareatlantica) July 5, 2022
Cheo no @TColonCoruna para conmemorar o 175 aniversario de @redesdearte. Parabéns á institución por tantos anos na sociedade e na cultura da Coruña. pic.twitter.com/IrINOEOl8h
— A. P. CORUÑA (@APCORUNA) July 5, 2022
Ademais da proxección do documentario, as persoas que asistiron á cita puideron gozar da actuación de Cantigas da Terra.