A lingua é sexista? A lingua é só reflexo da sociedade que a utiliza. Por iso non debe sorprender que reflicta as principais desigualdades que xera a nosa sociedade dividida en etnias, clases sociais, sexos, etc. Mais tamén por iso, a ninguén debe sorprender que nas próximas décadas todas as linguas veñan a sofrer importantes mudanzas que irán ao encontro da reivindicación da diversidade nas nosas sociedades. A nosa lingua non vai ficar á marxe desa revoluión, e tamén nisto poden colaborar galego e portugués.