Europa e nós. Conversa entre Fernando González Laxe e Ana Luísa Bouza

Fernando González Laxe, economista, foi presidente da Xunta entre 1987 e 1990. Ana Luísa Bouza, socióloga e politóloga, foi directora xeral de Igualdade durante o Bipartito. Nunca participaron xuntos nun debate, nin se coñecían. Quizais pola distancia xeográfica dos lugares nos que viven. Quizais algo tamén pola ideolóxica, din ríndose. Os dous aceptan sentar ante as cámaras de Nós Televisión, no salón de actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, para manter unha conversa pausada e de análise, sobre a Unión Europea a poucos días de que se celebren as eleccións do 2024 ao Parlamento da UE.

No proceso de integración do Estado español na Unión Europea, Fernando González Laxe e Ana Luísa Bouza estaban en posicións totalmente diferentes. Ela, detrás das pancartas nas que se podía ler Mercado Común Europeo, ruína do pobo galego. El, defendendo que Europa era o progreso e o certificado de liberdade e desenvolvemento.

Que visión teñen hoxe de todo o que foi ese proceso de construción europea e que beneficios e danos trouxo a UE para os galegos e galegas? Como leva sido a xestión económica da UE ao longo de todos estes anos? Están ameazados os dereitos sociais na actulidade? Ten ou non ten alma a UE de hoxe? E como afrontar a crise climática e o aumento de belicismo global?

A todas estas preguntas intentan dar resposta os nosos protagonistas. 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego