Serxio María Rodríguez Álvarez naceu en 1996. Yannick Juncal, no 2000. Ningún deles chega aos 30 anos e ambos defínense a si mesmos como politólogos. Son os protagonistas da terceira e última conversa sobre os Desafíos para o futuro da UE que Nós Televisión gravou nos días previos ás eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño do 2024.
Os dous teñen propostas fronte á desafección da poboación, analizan como está a ser a transición enerxética, o papel dos Estados e das eurorrexións, o escenario de crecente belicismo e os que eles consideran os grandes retos que ten Bruxelas por diante. Trátase dunha conversa sobre Europa vista con novos ollos.