‘Eu son Balbino! 60 anos de Memorias dun neno labrego’

Sesenta anos despois da súa publicación, ‘Memorias dun neno labrego‘ segue a ser a obra máis editada e traducida da nosa literatura. Por que é tan especial este libro de Xosé Neira Vilas? Que segredos e verdades habitan entre as súas páxinas? Continúa presente a forza da lingua, do rural e da infancia?

Neira Vilas condensa neste libro dedicado ás nenas e aos nenos que falan galego, a realidade rural do noso país como ninguén o fixera ata entón…e faino a través da mirada dun neno labrego, de Balbino, un neno pobre que bate coa inxustiza, a pobreza, a emigración… “Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo. Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores […]Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morren os paxaros…”.

Acompáñasnos na nosa viaxe a través dos 60 anos de ‘Memorias dun neno labrego’?

Esta reportaxe foi posíbel grazas á axuda recibida por parte do Colexio O Foxo da Estrada, a Fundación Neira Vilas, a Editorial Galaxia e a Secretaria Xeral de Política Lingüística a quen lles agradecemos o tempo, o esforzo e a ilusión posta nesta peza audiovisual

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego